
Víctor Á. del Caño
Poeta por imperativo espiritual
cantor de soños panteístas
arqueólogo do silencio
Publicacións

Bío


Víctor Álvarez del Caño
Castrelo de Miño, 27/05/1968 - Silleda, 13/02/1993
A súa produción poética abrangue obras en galego e en español, escritas entre 1984 e 1993, non en van á súa xenealoxía por rama paterna, de devanceiros enraizados na comarca do Ribeiro, cómpre sumar o sangue castelá aportado pola do seu bisavó materno.
Trala súa infortunada orfandade, ós oito anos, trasládase a Cartelle (Ourense), onde ha residir ata a maioría de idade.
Estuda Historia, Arqueoloxía e Antropoloxía nas universidades de Compostela e Salamanca, formación que se verá truncada por causa da súa morte prematura ós vinte e catro anos.
Víctor é un poeta en cernes, un arqueólogo en cernes e, en definitiva, unha personalidade en cernes fixada a perpetuidade nun momento aleatorio dun proxecto vital, profesional e artístico inconcluso. A súa traxectoria fálanos da capacidade autocrítica e evolutiva dun autor que podería ter acadado relevantes cumes de perfeccionamento se o fado non se tivese cebado nel de xeito tan inxusto.
Versos
Y entre la tierna niebla
del dulce invierno
el supuesto humo
de tus labios asegura
al mar al monte y al viento,
al campo y al tenaz silencio
que algo hay vivo
y vivo en el frío enero.
Que calen as auroras
que agarden a que sexa tarde xa
e que preto das olas
nos meza o silencio o despertar.

Escoita
na tépeda luz do silencio cadente
o arrume segredo da ialma cautiva
o esprito dos pinos na noite das ondas
escoita...
... a poco más que caminemos
será el día un labio
y una mano abierta
y un latido del cuello...
Audio
Canción Tirando del tiempo (fragmento)
con texto e música de Víctor, interpretada por el mesmo, acompañado por Emi, á voz
Radio Galega, 1990
Programa Para Elisa (presentadores: Xosé Antonio Perozo e Victoria Rodríguez)

Entrevista (fragmentada)
xunto con César del Caño, Manoel Muxico e Xosé Fernández, do grupo Marexada en Fisterra
Radio Gramenet (Sta. Coloma, Barcelona, 5/01/1992)
Programa Galicia máis cerca (presentadores: Moncha Prieto e Xoán Carlos Glez. Silva)
Taboleiro

· Wikipedia Poetas da comarca do Ribeiro
5.
· Víctor A. del Caño en Wikipedia
3.
· A pel do silencio na rede de bibliotecas
2.
· Presentación do poemario póstumo A pel do silencio
1.
Prensa

Presentación de "A pel do silencio" L&L Café, Ourense

Presentación de "A pel do silencio" L&L Café, Ourense

Presentación de "A pel do silencio" L&L Café, Ourense

Presentación de "A pel do silencio" L&L Café, Ourense
Fotos

L&L Café. Ourense, 15/07/2018 Foto de Agostiño Iglesias (La Voz de Galicia)


Foto de familia. L&L Café, Ourense, 15/07/2018

L&L Café. Ourense, 15/07/2018 Foto de Agostiño Iglesias (La Voz de Galicia)



